A Deputación de Lugo publicará esta semana a listaxe de admitidos e excluídos do Ben Empregado II

O deputado de Emprego, José Antonio García, anunciou que esta semana se publicará na web da Deputación de Lugo a listaxe de demandantes de emprego admitidos e excluídos na segunda fase do Ben Empregado II.

García explicou que o goberno provincial finalizou a tramitación das 1737 solicitudes recibidas ao abeiro deste plan, para acceder a un dos 304 postos de traballo que ofrecen as empresas beneficiarias do Ben Empregado na súa primeira fase.  O deputado indicou que do total de solicitudes recibidas e unha vez requirida a documentación necesaria, 1520 adecúanse as bases, mentres que 217 non compren con elas.

Neste senso, o responsable da área de Emprego engadiu que en setembro iniciarase o proceso de entrevistas para seleccionar aos traballadores que cubrirán os 304 postos de traballo, que demandan as 285 entidades beneficiarias do Ben Empregado, das cales 245 son empresas e 40 asociacións.

En relación co Ben Empregado I, José Antonio García tamén explicou que se cubriran seis perfís desertos a raíz de que os traballadores seleccionados no seu momento renunciaran ao posto ou non superaran o período de proba coa empresa.  O deputado engadiu que se está a seguir o procedemento establecido nas bases e así, na Xunta de Goberno do venres aprobarase a proposta cos seis novos beneficiarios que se incorporarán a estes postos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com