" />

A Deputación elaborou plans para garantir a seguridade no traballo dos seus empregados

A Deputación de Lugo, ven de anunciar a elaboración de plans de protección específicos para as diferentes dependencias da institución provincial e tendo en conta a singularidade dos servizos co fin de garantir a seguridade no traballo presencial dos empregados públicos fronte ao Covid-19.

A redacción e aplicación destes protocolos, que está coordinada polo servizo de Prevención de Riscos da Deputación, ten unha tripla finalidade: por unha banda, ao seu abeiro reanudará plenamente a súa actividade a partir de mañá luns o persoal do Parque Móbil, Vías e Obras e a Granxa Gayoso Castro. Así mesmo, os plans serven para que os traballadores e traballadoras poidan desenvolver o traballo presencial con plenas garantías durante o estado de alarma cando sexa preciso, mantendo como prioridade en todo caso o traballo a distancia. 

Ademais, en previsión das medidas de desescalada conta desde agora cun instrumento de base e flexible para cando se determine a incorporación gradual e progresiva ao traballo presencial. Estes protocolos de seguridade foron abordados o venres polo Comité de Seguridade e Saúde, no que teñen presencia os sindicatos.

Entre as medidas que recolle o protocolo están as seguintes: o persoal debe ter a información sobre o virus e debe estar familiarizado cos procedementos de actuación, cada traballador debe acudir preferentemente ao centro de traballo en transporte privado, reforzarase a limpeza das instalacións –con especial atención ás superficies que podan ser susceptibles de transmisión-, ventilaranse con frecuencia as dependencias, as reunións estarán limitadas no número de persoas, a hixiene persoal debe reforzarse e, entre outras, débese efectuar unha correcta xestión dos residuos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo