A Deputación estuda adaptar o modelo educativo da súa escola de audiovisuais ás novas demandas do sector

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, acompañado pola directora do Centro de Formación Audiovisual, Margarita Soilán, visitaron, entre onte e hoxe, a Escola de Cine Elías Querejeta (EQZE) da Deputación Foral de Guipúscoa para coñecer in situ o método docente deste centro, creado en 2017, e que en só tres anos xa se converteu nun referente no eido da formación cinematográfica.

Convidados polo Deputado de Cultura, Denis Itxazo, que vén de ser nomeado esta mesma semana Delegado do Goberno no País Vasco, e polo director da Escola, Carlos Muguiro, tamén estiveron acompañados polo director Oliver Laxe, un dos cineastas de recoñecido prestixio internacional que participa neste proxecto, e que esta semana imparte a materia Azar e control dentro do postgrao de Creación. Laxe é ademais un dos impulsores de que a Deputación se estea a reformular o modelo educativo do seu Centro de Formación Audiovisual.

Pablo Rivera destacou que “en Lugo temos moito talento audiovisual, como quedou acreditado co recoñecemento a profesionais lucenses nos Premios Goya, nos Premios Feroz ou no Festival de Cannes. Desde a Deputación apostamos por manter ese talento na nosa provincia e mesmo atraer talento de fóra, e avanzar en novos proxectos educativos para asentar poboación nova en Lugo. Estamos estudando adaptar o modelo docente da nosa escola ás novas demandas formativas do sector. Por iso queremos coñecer o funcionamento da EQEZ, un centro internacional de pensamento, investigación, práctica experimental e innovación pedagóxica, que apoia aos creadores de ámbito audiovisual e pretende asentar unhas bases sólidas para un sector de gran potencial no territorio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com