" />

A Deputación financiará a residencia de Guitiriz

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, asinaron este venres o convenio de colaboración para a construción na Casa da Botica dunha residencia con capacidade para 52 maiores. O proxecto inclúe 26 habitacións con posibilidade de seren dobres.

O convenio asinado hoxe contempla unha achega da Deputación de 1 millón de euros para a construción do centro de atención a persoas maiores no municipio de Guitiriz mediante a rehabilitación do edificio municipal da Casa do Botica. O Concello ten a obriga de pór á disposición os terreos, feito que xa fixo; así como facer unha achega económica de 200.000 euros. A Alcaldesa explicou que reduciu os gastos políticos da Corporación Municipal, aforrando esta mesma cantidade que destinou a este proxecto.

Residencia na Casa da Botica e Centro de Día na Casa dos Peóns Camiñeiros

A Deputación elaborou un novo proxecto, pois onde antes se ía a construír unha residencia e centro de día, agora exclusivamente se fai a residencia, pois a Alcaldesa habilitou e mellorou a Antiga Casa de Legoeiros, que é de titularidade municipal, dándolle un uso social, pois nela estase a construir o Centro de Día. Isto permitiu ampliar o número de prazas de residencia na Casa da Botica.

O Concello xa acondicionou o exterior a Antiga Casa de Legoeiros. Estas instalación terán capacidade para 12 prazas en centro de día, logo de que a Xunta de Galicia reducise en 6 as prazas, pois buscábase ofrecer nesta infraestrutura 18. Deste xeito  grazas ao esforzo de Deputación e Concello, Guitiriz disporá dunha residencia na Casa da Botica, con capacidade para 52 maiores e un centro de día para outros 12 veciños, sumando no seu conxunto 64 prazas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo