" />

A Deputación levará a pleno as actuacións dos concellos no marco do Plan Único

A Deputación de Lugo levará ao Pleno ordinario deste mes, previsto para o vindeiro martes, 30 de marzo, a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos da provincia propuxeron para executar ao abeiro do Plan Único 2021, que nesta anualidade o Goberno provincial decidiu incrementar ata os 21,5M€.

As entidades locais danlle prioridade aos investimentos -aos que dedicarán 15,2M€, o 70% do total dos fondos, para acometer 332 obras e subministracións-, seguido da creación de emprego, á que destinan 3,5M€ cos que crearán 300 postos de traballo; e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que reciben 3M€ para atender a máis de 3.000 persoas. Dedicarán tamén 800.000€ para medidas sociais e económicas de loita contra o impacto da Covid-19.

As actuacións do Plan Único foron abordadas este xoves na Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, na que están representados todos os grupos políticos provinciais, unha reunión previa á sesión plenaria do vindeiro martes.

Para o Plan Único 2021 a Deputación achega dos seus orzamentos 21,5M€, unha cantidade que o Goberno decidiu aumentar con respecto á anterior anualidade no marco do seu compromiso de cooperación cos concellos e coa intención de facilitarlles a súa xestión para que a atención á veciñanza sexa a mellor posible. Estes 21,5M€ sumados ás achegas dos concellos, consegue inxectar na sociedade e na economía da provincia de Lugo preto de 24M€ de fondos públicos.

Os concellos presentaron as súas propostas para investir estas importantes partidas económicas da institución provincial aos distintos programas establecidos: investimentos; Servizo de Axuda no Fogar (SAF); fomento do emprego; actividades culturais; actividades deportivas; actuacións/eventos turísticos; feiras e mercados; administración electrónica e protección de datos; protección civil; e emerxencia sanitaria coronavirus Covid-19.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo