A Deputación mellora a estrada de Sober a Doade

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou esta tarde o remate das obras de mellora da estrada LU-P-5903 de Sober a Doade, financiadas polo Executivo Provincial cun investimento de 230.000 euros. Os traballos leváronse a cabo nun treito de 4,46 quilómetros dende o punto quilométrico 8,26 ata o 12,72 e consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización horizontal e vertical, e repintado.

Campos Conde subliñou que “con esta actuación non só beneficiamos aos máis de 2.300 veciños de Sober, senón tamén aos milleiros de turistas que empregan esta estrada para acceder aos principais miradoiros do Canón do Sil e ás adegas. Trátase, polo tanto, dunha das principais vías de comunicación da Ribeira Sacra e tamén unha das máis transitadas durante as fines de semana e, especialmente, na época estival”.

O Presidente engadiu que “dende o Goberno buscamos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, pois somos unha Deputación social, rural e comprometida coas persoas. Nesta ocasión facémolo a través desta actuación na LU-P5903 coa que se benefician os veciños de Sober e, sobre todo, os hostaleiros, comerciantes e profesionais do sector terciario que teñen o seu negocio nesta zona da provincia, que cada vez recibe máis visitantes atraídos pola fermosura e espectacularidade da Ribeira Sacra”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com