A Deputación organiza o primeiro Festival da Biosfera

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do director de Ouvirmos, José Manuel Aldea Moscoso, presentou hoxe a programación de actividades, que o organismo provincial realizará no primeiro Festival da Biodiversidade, que terá lugar en Lugo entre os días 14 e 29 de marzo.

O evento ofrecerá unha serie de actividades gratuítas e para todos os públicos, entre as que haberá conferencias de expertos, visitas guiadas, actividades infantís, proxeccións audiovisuais e actividades sociais.

O prazo de inscrición está aberto na páxina web deputacionlugo.gal, onde está dispoñible toda a información sobre horarios, datas e lugares.

Dentro da programación do festival destacan os días 21 e 22 de marzo, cando se conmemorará o Día Mundial da Poesía coa celebración do recital poético CEARTE Lugo; o Día Internacional dos Bosques, cun obradoiro de poesía ambiental e o Día Mundial da Auga, no que se realizará unha visita ás dependencias municipais onde se xestiona este ben.

Sonsoles López:

 

Programación:

O Festival da Biosfera está composto por un total de 24 actividades. Así, as conferencias programadas son as seguintes:

– Proxecto Ríos, que terá lugar o 25 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.

– Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrará o 24 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.

– Soutos de Castiñeiros, o 17 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.

– Fundador de bosques, o 26 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Tamén haberá conversas temáticas:

– Reservas da Biosfera e desenvolvemento sostible, o sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

– As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, o 21 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques, ás 12:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.

– Auga e desenvolvemento sostible, o 28 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

Actividades infantís:

– A barca dos contos, haberá tres edicións, os días 14, 20 e 28 de marzo na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.

– Obradoiro de poesía ambiental, o 21 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Visitas guiadas:

– O ciclo da auga na cidade, os días 15 e 22 de marzo, con saída ás 11:30 horas dende a Praza de Ferrol.

– Os bosques de ribeira. O río Mera, o 29 de marzo, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.

Proxeccións audiovisuais:

– Os mares doces de Galicia, o 23 de marzo, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.

– Asolagados, o 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

“Experiencias inspiradoras”:

– Ríos con vida. Pesca sen morte, o 16 de marzo ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos.

– Embarcacións tradicionais do Miño, o 18 de marzo na Galería Sargadelos, ás 19:30 horas.

Presentación de libros:

– A aventura de vivir. O carballo, de Carlos Silvar, o día 19 de marzo, ás 19:30 horas no Centro

de Interpretación Terras do Miño.

– Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez, o 21 de marzo ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño

– O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, o 27 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.

Exposicións:

– Peixes, pescadores e pesqueiras, do 14 ao 29 de marzo de 7:00 a 20:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo

– O Miño, río e xentes 1900-1930, do 14 ao 29 de marzo, de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no escaparate da Farmacia da Cruz.

Poesía:

– Cearte Lugo, recital poético; o 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo