A Deputación premia con 50.000 euros 5 proxectos de emprendemento no rural

O Executivo Provincial resolveu os premios Emprendendo no Rural, a iniciativa que puxo en marcha a Deputación para fomentar a creación de empresas na provincia, achegando 50.000 euros. Son un total de 5 os proxectos premiados a través desta programación que recibirán axudas económicas da Deputación de 10.000 euros, coas que a administración provincial busca continuar promovendo o rural da provincia como motor xerador de emprego e riqueza. De feito, estes modelos de negocio xerarán a medio e longo prazo uns 30 novos postos de traballo en zonas rurais da provincia

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “dende o Goberno da Deputación amosamos o noso compromiso co rural, que se demostra con feitos e iniciativas como a que hoxe vimos de resolver”.

Neste senso, a Deputada explicou que a Xunta de Galicia vén de comunicar a retirada das súas axudas para contratar a 3 axentes de emprego e desenvolvemento local, que prestaban os seus servizos dende o organismo provincial, ademais de eliminar a posibilidade de que as Deputacións poidan convocar a praza de orientadora laboral ou concorrer aos tradicionais obradoiros de emprego. “Este é o compromiso real do Goberno Galego coa posta en valor do rural”, destacou.

A Deputación resolveu este venres o Emprendendo no Rural con 5 premios de 10.000 euros cada un. O primeiro dos proxectos, denominado iTechTerm e desenrolado por tres universitarios, consiste na instalación dun sensor subcutáneo en vacas de leite que monitoriza a evolución da temperatura da mesma e envía daros para seren controlados de xeito automático e remoto. As instalacións desta empresa localízanse en Arneiro, unha pequeno núcleo rural de Cospeito

O segundo premiado, Almazara de Aceite, é unha explotación agrícola na que se plantarán 10 hectáreas de oliveiras e se a construirá unha Almazara para a produción de aceite agroecolóxico. O modelo de negocio deste rapaz, que se establece no Concello de Taboada, busca comercializar aceite completando o ciclo produtivo: plantación, recollida, extracción, transformación e comercialización directa, co fin de facer o modelo máis rendible.

Outro dos negocios premiados é Radis, unha empresa que ofrecerá servizos de detección de Radón para, no caso de presentarse en concentracións prexudiciais para a saúde, ademáis de ofrecer tamén medidas para a súa eliminación. Desenvolverán ao mesmo tempo un detector deste gas para seren instalado en vivendas,
empresas e edificios públicos. Arestora, están a decidir a localización da súa empresa que serán en zonas rurais da provincia.

O Centro Residencial San Vicente para persoas maiores, é o cuarto dos proxectos premiados que busca aproveitar un edificio sen uso de Rábade para crear un centro residencial para 53 persoas maiores en réxime interno. A promotora deste proxecto traballa desde fai máis de dez anos como arquitecta e pretende converter o centro nun referente na comarca de Lugo en atención persoal.

O último dos proxectos qe se levará a axuda da Deputación de 10.000 euros, consiste na posta en marcha dunha cantina-albergue situada en As Seixas, poboación de Palas de Rei e promovido por unha muller emprendedora. O proxecto denomínase Cantina Albergue Camiño de Santiago, e ofrecerá comida e aloxamento para peregrinos que non desexen continuar a etapa ata Melide, nunha parada recorrida e que non conta con servizos suficientes en restauración e hospedaxe para atender á demanda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com