A Deputación recupera o paseo peonil da rúa Coronel Andrade en Rábade

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, coñeceu de primeira man o resultado dos traballos para a recuperación do paseo peonil no Xardín da rúa Coronel Andrade en Rábade, que financiou a Deputación con 14.000 euros. Fíxoo acompañado do Alcalde, Francisco Fernández Montes, e do Tenente Alcalde, Alejandro Martínez Campos.

Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno provincial estamos comprometidos coa mellora de infraestruturas na provincia, dentro da nosa aposta por unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas. Ademais, son traballos que beneficiarán aos máis de 400 veciños das proximidades, que poderán desfrutar deste espazo de recreo nunha contorna acondicionada e que melloran considerablemente a súa calidade de vida”.

Os traballos consistiron na reparación do solo e firme do paseo, así como na súa ampliación, co fin de facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida, así como a carriños de bebes. Tamén se executaron melloras na iluminación pública e se instalou unha canle de recollida de auga, co fin de poñer fin aos problemas de acumulación de auga e escorrentía producidos polas choivas, que dificultaban e ensuciaban o acceso ao xardín. Tamén se dotou ao espazo de bancos de madeira e papeleiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo