" />

A Deputación únese a APALU na celebración do Día Mundial do Párkinson

O Executivo Provincial sumouse hoxe aos actos organizados pola Asociación Párkinson de Lugo (APALU) con motivo do Día Mundial do Párkinson, que se celebra hoxe, 11 de abril. O Goberno da Deputación colabora con APALU cunha achega económica de 4.000 euros para poder levar a cabo o programa de atención e motivación para a saúde no Párkinson.

Esta axuda permite ao colectivo a atención profesional dunha trintena de lucenses con Párkinson, a través da realización de obradoiros de musicoterapia, logopedia e de estimulación cognitiva. Ademais, durante todo o ano, o organismo provincial colabora con dita asociación co desenvolvemento e a promoción de campañas e iniciativas encamiñadas á sensibilización e visibilización desta doenza na cidadanía.

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, lembrou que “o Párkinson é unha enfermidade crónica e progresiva que afecta a máis de 150.000 persoas en España, das que máis de 2.000 son da provincia de Lugo. Por iso dende o Goberno da Deputación traballamos da man con APALU na atención dos veciños da provincia que sofren Párkinson, co fin de mellorar e facer máis levadío o día a día de todas estas familias, dentro da nosa aposta por ser unha institución sumamente social que traballa por e para as persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo