A Deputación xera 45 novos empregos para lucenses no paro

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, informou que a Xunta de Goberno vén de resolver a contratación de máis veciños desempregados, que comezarán a traballar en colectivos da provincia para reforzar a súa actividade social. Son 45 veciños que estaban no paro os que retoman a súa actividade laboral en 31 colectivos sociais a través do Tecendo Emprego.

Campos Conde explicou que “dotamos a este plan de 1 millón de euros para asumir todos os custos laborais destes novos traballadores durante un ano con axudas de entre 18.000 e 24.000 euros. Trátase dun plan que xera emprego directo na provincia, favorecendo ás persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento dos proxectos dos colectivos sociais da nosa provincia”.

Deste xeito, dos 45 veciños contratados o 50% son mozos de entre 18 a 35 anos sen experiencia laboral; o 40% lucenses de entre 30 e 50 anos e o 10% son maiores de 50 anos. Os perfís, que son os que demandan os colectivos sociais, son variados, aínda que moitos deles están relacionados co ámbito social debido ao traballo que van desenvolver. Por exemplo: terapeutas ocupacionais, educadores sociais, traballadores sociais, técnicos de orientación laboral, psicólogos, mestres, responsables de programas de inserción laboral; así como administrativos, guías de museo e mesmo peóns.

Algúns dos colectivos nos que traballarán son: Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, ACADAR, ALUME, Cruz Roja, COGAMI, Fundación Juan Soñador, ALIAD, Raiolas, AMEIS, AGORA, FADEMUR, EDEIDADES, Colexio de Educación Especial Santa María, Asociación Provincial de Centros de Formación, Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira, Fundación do Ferrocarril, Fundación Uxio Novo Neira…entre outros. A vindeira semana, o executivo abrirá o prazo doutros 9 novos postos de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo