" />

A Estación Científica acolle a presentación do 1º proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou hoxe o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel, que pon en marcha o Goberno Provincial, pois e unha das iniciativas definidas no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017- 2020). Fíxoo na estación científica de Seoane do Courel logo de telo presentado esta mesma semana en Cervantes, pois é outros dos Concello nos que se desenvolverá este proxecto que busca potenciar turisticamente este espazo natural da provincia.

Este proxecto trata de poñer en valor os recursos científicos para desenvolver económica e socialmente a provincia a través do turismo. Desenvolverase nunha espazo de 102.635 hectáreas, converténdose no plan turístico-científico coa maior zona de estudo de Galicia. Abrangue os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Consta de dúas fases, unha de certificación, que comeza de xeito inmediato; e outra de desenvolvemento de actividades específicas no territorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo