" />

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo impartirá obradoiros gratuítos

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo anuncia que dentro do programa formativo que se integra no Programa de Dinamización de Zonas Verdes que mantén con SUPLUSA, ofertan cursos gratuítos, de entre 4 e 6 horas, os sábados pola mañá.

Trátase de cursos introductorios, moi básicos, adaptados e enfocados á cidadanía en xeral, e non se requiren coñecementos previos para poder asistir a eles.

Os cursos programados son:

1. Curso 2015/B1: Manexo de invernadoiro e cultivo de flor: Sábados 21 e 28 de novembro de 2.015.

2. Curso 2015/B2: Plantas medicinais (iciciación): Sabados, 16 e 30 de xaneiro de 2.016.

3. Curso 2015/B3: Introdución a pódaa e ao enxerto: Sábados 6 e 13 de febreiro de 2.016.

4. Curso 2015/B4: O cultivo de árbores froiteiras no contorna da cidade de Lugo: Sábados, 20 e 27 de febreiro de 2.016.

5. Curso 2015/B5: Posta en marcha dun horto familiar de manexo tradicional. Sábados, 5 e 12 de marzo de 2.016.

Será impartido, como en anteriores ocasións, por Rubén Regueira no local social da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti. O prazo de matrícula está xa aberto para os interesados, que poderán solicitalo a traveso dos teléfonos 982203721 e 982801692.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo