" />

A FEMP premia a recuperación do Humidal das Gándaras como exemplo para outras cidades

A recuperación posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez do Humidal das Gándaras-O Ceao, un bosque de ribeira e un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico na segunda edición dos Premios de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade, otorgado pola Rede de Gobernos Locais+Biodivesidade, da Federación Española de Municipios e Provincias.

A alcaldesa de Lugo destacou que este galardón “é un recoñecemento as nosas actuacións ambientais ante os grandes desafíos que representan a mellora de vida da veciñanza e o cambio climático a través dunha posta en firme polos valores naturais do municipio, co fin de que se convertan nun novo motor de crecemento”.

A acondicionamento desta xoia natural de 5 hectáreas de extensión, que se enmarca no proxecto europeo LIFE Lugo+Biodinámico, supuxo preservar a súa rica diversidade para que sexa un espazo de esparcemento de veciños e visitantes ao integrarse no paseo periurbano da cidade, pero tamén con fins divulgativos e investigadores xa que acolle especies de flora e fauna de interese comunitario polo seu especial valor de conservación e grao de ameaza en Europa.

Por iso, o xurado deste premio valorou cuestións relativas ao impacto do proxecto nas condicións da vida silvestre e os ecosistemas naturais; a súa sustentabilidade, no sentido da incorporación de todos os aspectos de desenvolvemento sostible (sociais, ambientais, económicos e culturais) e o fortalecemento da participación cidadá e a promoción da igualdade e equidade dentro das condicións locais.

Tamén incidiu na súa capacidade exemplarizante e a súa posibilidade de desenvolverse con éxito noutros Gobernos Locais (transferibilidade); a súa permanencia xa que os seus resultados se manteñen no tempo, e a súa visión global ao integrarse a iniciativa nunha estratexia global do Concello de Lugo no desenvolvemento urbano sostible e a conservación do patrimonio natural.

Lugo, único municipio galego premiado, recibirá o galardón o día 12 de abril tras a celebración da IX Asemblea Xeral da Rede de Gobernos Locais +Biodiversidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo