A Fonte de San Vicente volverá manar viño mañá

Mañá Luns día 29, a partir das oito da tarde, Lugo Monumental axudará a San Vicente a obrar o seu “Milagre”, así a fonte barroca do século XVIII, situada na incomparable praza do Campo de Lugo, manará viño tinto polos seus tres canos.

Tres homenaxes:

Durante a xornada de mañá faranse tres homenaxes a outros tantos establecementos do centro. Dende o primeiro ano que se recuperou esta fermosa tradición faise un recoñecemento a persoas que dedicaron toda a súa vida aos negocios, nomeadamen te aos de hostalería. Nesta edición farase unha homenaxe a José Luis Puga e a Mari Carmen Veiga, profesionais que  destacaron sobre todo polas súas máis de tres décadas á fronte do Restaurante Bar Anda da Rúa da Cruz, un clásico da hostalería lucense.

Coincidindo con este evento, e dado que “Lugo Monumental é unha entidade modesta”, aproveita tamén este acto para entregar o título de Socio de Honra, que este ano se outorga por duplicado a: Galería Sargadelos, polos moitísimos anos de promoción cultural, intelectual e social que se desenvolveu nas súas instalacións, as cales  se cederon sempre de forma desinteresada a toda iniciativa vinculada a Galicia en xeral e a Lugo en particular e a Olga Díaz Fouz,-recentemente falecida-, a popular carniceira da Praza de Abastos que dedicou unha incomparable enerxía e empuxe a loitar polo futuro da Praza.

O patrocinio do evento será por conta de VILIGA (Viños e Licores Galegos), O Faro dos Tres Mundos, Xoiería Honorino Freire, Ferraxería Do Barrio e Edicións Desdelugo; coa colaboración do Concello.

O grupo “Cantigas e Frores” amenizará a velada á que asistiran os membros da Asociación; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua, Maite Ferreiro, entre outras autoridades.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Xul 28, 2019 - 09:19 PM

    Jijiji

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo