A Garda Civil abre as portas do cuartel a 450 nenos lucenses

A Comandancia da Garda Civil de Lugo organizou hoxe unha xornada de portas abertas para que os escolares lucenses puideran coñecer de primeira man o cuartel, co motivo do 175 aniversario da Benemérita. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, acompañou ao coronel xefe da Comandancia, Miguel Ángel González, nesta xornada dedicada á comunidade escolar.

Uns 450 alumnos de 3º e 4º curso de Educación Primaria de catro centros educativos da cidade de Lugo tiveron oportunidade de coñecer os distintos servizos cos que conta a Garda Civil na provincia.

Na actividade participaron escolares dos CEIP Luis Pimentel, Casás, Rosalía de Castro e Anexa que visitaron, en dous turnos, a Comandancia da Garda Civil. A exhibición para os centros escolares realizouse no patio central da Comandancia e nela participaron persoal e medios dos servizos cinolóxico, de Seguridade cidadá, de Tráfico, o SEPRONA, a Policía Xudicial, a Sección de Intervención Rápida, Sanidade e o Equipo de  Búsqueda de Localización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo