A Garda Civil desarticula un grupo especializado en roubos no interior de vehículos

A Garda Civil de Lugo detivo a tres lucenses de entre 28 e 46 anos, no marco da operación COTOROSO, como autores dun gran número de delitos de roubo con forza no interior de vehículos. Aos cabecillas do grupo, con iniciais A.C.M e S.C.M., se lles imputan 110 roubos. Asemade, ao fillo do primeiro, J.M.M., se lle sitúa tamén na participación dalgún dos ilícitos.

Os feitos tiveron lugar entre novembro de 2016 e outubro de 2017, meses nos que a Garda Civil puido detectar un incremento de roubos no interior de vehículos nos que, ademáis, coincidían en canto ao lugar de comisión (xeralmente, aparcadoiros de centros hospitalarios ou deportivos) e ao modo de execución.

A raíz destes sucesos, os axentes inician as investigacións tendentes a recopilar indicios para acreditar a autoría dos roubos e, posteriormente, o lugar de ocultación dos obxectos substraídos.

A colaboración cidadá puxo tras a pista dos autores aos axentes investigadores, pois un dos vehículos que empregaban foi avistado por testigos en varios dos feitos. Ao longo das actuacións desenroladas, os investigadores puideron observar como os autores, que non exercían ningunha actividade económica, dedicábanse, día tras día, a deambular polos aparcadoiros de centros hospitalarios, campos de fútbol e mesmo restaurantes da Provincia de Lugo.

A pesares das medidas de seguridade que empregaban os delincuentes para evitar ser seguidos durante os seus desprazamentos ou vistos por calquera testemuña durante a realización dos roubos, nalgúns dos feitos chegaron a ser sorprendidos por outros cidadáns. Estas visualizacións fixeron que os tres detidos obtaran por desprazar as súas actividades delictivas ás cercanías dos hospitais de Santiago e A Coruña.

Froito dos rexistros e inspeccións realizadas pola Garda Civil en tendas de compra-venda de obxectos, se puideron recuperar e devolver aos seus lexítimos propietarios sete teléfonos móbiles, cadeas de ouro e varias carteiras e bolsos, procedendo ademáis á detención de tres persoas e á investigación doutras cinco como autores de delitos de receptación de obxectos substraídos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com