" />

A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delito de danos

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Oviedo, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos en vagóns de tren; en concreto acúsaselle de pintar graffitis. O presunto autor é sorprendido in fraganti por axentes da garda civil nas vías do tren cando fuxía do lugar dos feitos, portando na súa man unha bolsa con spray de pintura e luvas, os cales foron aprehendidos e depositados ao dispor da autoridade pertinente.

Remítense dilixencias policiais ao Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo