A Liga Gallaecia volve mañá a Nadela cos Torques de Lugoslavia

O Campo Municipal de Nadela acollerá o vindeiro sábado 12 de outubro, a partir das 17:00, a primeira xornada do Grupo Norte da Liga Gallaecia, competición que xa vai pola sétima edición. Os Torques de Lugoslavia, vixente equipa campiona defenderá o título nesta nova edición cun novo formato que contará con nove equipas repartidas en dous grupos: Norte e Sur.

A primeira xornada do Grupo Norte comezará en Nadela o sábado ás 17:00 co partido entre Cascarilha da Coruña e Fusquenlha de Pontedeume. Posteriormente xogarán, ás 18:15, o Suévia de Compostela e maila equipa local, os Torques de Lugoslavia.

O Grupo Sur estará formado polas equipas Ambílokwoi de Vigo, O Condado de Mondariz, Afiadoras de Ourense, Grovias d’A Guarda e Berobreo de Cangas; esta última equipa de nova creación que se incorpora por primeira vez á competición. Os dous primeiros de cada grupo e o mellor terceiro accederán a unha Fase Final con liguiña a unha única volta polo título.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo