A lucense Inés Martín Reija participará no Roteiro Inti 2022 en Panamá

170 mozas e  mozos de todo o mundo percorrerán este emblemático país durante un mes desenvolvendo un programa académico premiado polo Parlamento Europeo A expedición Roteiro Inti volve ao continente americano baixo o lema “Panamá: a ponte que cambiou o mundo”. Nesta ocasión unha lucense foi a seleccionada para participar na edición, -Inés Martín Reija-, na que descubrirá e aprenderá o papel da muller indíxena e mestiza, a necesidade de protección ambiental, a globalización e as diferentes identidades coñecendo así unha visión completamente distinta á europea.

Do 24 de xullo ao 22 de agosto e en tres grandes etapas temáticas os expedicionarios percorrerán Panamá. Este país xogou un papel moi importante na historia da humanidade como ponte entre culturas e poñeranse de manifesto historias e voces ocultas e esquecidas. A viaxe e a primeira etapa comeza na capital, “Ciudad de Panamá”, percorrerase o Panamá colonial e poñerase énfase nos cimentos da primeira globalización do mundo. A continuación, no segundo tramo, moito máis natural, reflexionarase sobre a identidade dos pobos orixinarios, así como do papel da muller indíxena e a protección do medioambiente. A última etapa estará ligada ao mundo afroantillano e as implicacións que tivo o neocolonialismo e a globalización. Durante todo o camiño producirase unha inmersión na cultura, como a convivencia co pobo nativo dos Ngöbe ou a presentación sobre a figura de José Antonio Price, primeiro médico negro do país.

Herdeira dos valores de Roteiro Quetzal, Roteiro Inti nace en 2014 como unha asociación sen ánimo de lucro que se dirixe a mozas e mozos de todo o mundo. Cada ano percorre un destino distinto durante un mes, durante o cal, os participantes ven inmersos nunha aventura cultural e social; unha viaxe en grupo, no que se descobren a si mesmos e unha nova forma de abrirse ao mundo. Aventura e aprendizaxe danse a man este verán. E é que, en definitiva, Roteiro Inti é máis que unha expedición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com