A lucense Ingrid Hughes, nova influencer das Termas

O Centro Comercial As Termas, xestionado por Gentalia e propiedade de Lar España Real Estate Socimi, elixiu durante o pasado fin de semana á súa influencer local. Ingrid Hughes resultou a galardoada neste concurso promovido a través da rede social de fotografía, Instagram e no que participaron preto dunha vintena de lucenses. Deste xeito, Hughes convertiráse en embaixadora das Termas e, ademáis, recibirá un premio valorado en 2.000 euros.

Nun evento final no que as candidatas foron as grandes protagonistas, elixiuse á gañadora de entre os vídeos máis votados, subidos antes á plataforma Youtube. Na cita, se visualizaron os traballos das dez finalistas e, os membros do xurado, charlaron coas candidatas sobre moda, redes sociais e o significado de ser influencer.

Á hora de valorar ás candidatas, tivéronse en conta diferentes aspectos como as súas aptitudes comunicativas, o manexo das súas redes sociais, a afinidade co centro, a orixinalidade e a creatividade. Así, a gañadora, Ingrid Hughes, recibirá un premio valorado en 2.000 euros que inclúe unha tarxeta regalo, un kit de influencer e un curso de formación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo