" />

A mesa de contratación aproba a licitación das obras de Quiroga Ballesteros

O edil de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, vén de anunciar que, durante a mañá de hoxe, tivo lugar a mesa de contratación que aprobou a licitación das actuacións para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros entre a rúa Montevideo e a praza de Santo Domingo. “Trátase dunha obra importante para o proxecto de peonalización que dende a concellería de Infraestruturas Urbanas temos previsto para o centro da cidade”,  indicou o concelleiro.

Un total de 17 empresas presentáronse para realizar esta actuación, sendo a mellor oferta a da empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€ máis IVE. “Despois desta adxudicación inicial, queda pendente revisar a documentación e o período de alegacións”, declarou o edil, que engadiu “unha vez remate este proceso e se adxudique de maneira definitiva, a empresa terá un prazo de 10 meses para realizar esta actuación, durante os cales se garantirá o espazo de carga e descarga”. O concelleiro de infraestruturas indicou que o proxecto “non contempla a cuberta proposta no pasado”.

Durante o vindeiro xoves, celebrarase unha nova mesa de contratación que realizará da adxudicación do pintado da sinalización horizontal da cidade, que saíu a licitación por un total de 1.087.904€ e un prazo de realización de 4 meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo