A mistura de tradición e vangarda volve a centrar o programa do San Froilán

280 actos para todos os públicos e condensados en 9 días, ademáis das atraccións e o polbo. Así chega este ano o San Froilán 2018, cargado de tradición, en homenaxe as festas de antano e de vangarda, para confirmar que, o que Castelao denominou como as mellores festas do outono galego, continúan a estar á orde do día. A rexedora da cidade presentou hoxe esta festividade, acompañada da titular de cultura no Concello de Lugo, Carmen Basadre, e do deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos.

Do 4 ao 12 de outubro, vestida de festa, Lugo volverá adquirir un esplendor especial. Esta edición, as festas patronais de Lugo teñen un programa de ampla representación internacional, con artistas como Myles Sanko, Marky Ramone ou os grupos Fanfare Ciorcalia, Pussy Riot, ou Nathy Peluso e Javiera Mena. Ademais, este é un San Froilán con especial protagonismo para os artistas de Lugo: coa presenza de máis de 20 grupos locais.

Haberá ademais, como é habitual, o Día de Ferrol (6), Desfile de Gando, Festival de Cultura Tradicional, San Froilán Tecedeiro, feira de antigüidades, ofrenda a Rosalía, de man de Paloma Lugilde; o Domingo das Mozas (7), mostra do traxe tradicional galego, concertos de bandas ou unha verbena como as de antes.

E ata aquí, a tradición. Pero é que este ano o patrón vén coa vangarda baixo o brazo, pois será precisamente o seu día, o día de Lugo, o 5 de outubro, cando teña lugar un acto moi especial diante da Casa Consistorial. Un espectáculo de luces, fogos de artificio, música e videomaping que paralizará á cidade durante uns minutos e que rematará cunha gran festa. 

O programa completo está xa na web oficial das festas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo