" />

A nova praza da Milagrosa recuperará o seu parque infantil

O Perfil do Contratante do Concello de Lugo, aloxado na Plataforma de contratación do sector público, publica este martes a contratación da subministración e instalación dunha área de xogos infantís, con pavimento de seguridade, na Praza da Milagrosa; coa que o Concello completará a peonalización e humanización deste punto de encontro emblemático do barrio. Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 4 de xuño, estando prevista a súa apertura o día 5 de xuño.

Os traballos consisten, en primeiro lugar, na limpeza e reparación de zapatas en puntos necesarios. Os xogos que terá esta área infantil serán o seguintes: un xogo múltiple con, a lo menos, tobogán de aceiro inox, escaleira e plataforma de transferencia para acceso dende cadeira de rodas inclusiva. Dita zona de xogos contará cun pavimento continuo de seguridade e un valado de madeira tratada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo