A partir do vindeiro luns a Concellería de Educación entregará os vales destinados á adquisición de libros e material escolar

O Concello de Lugo anunciou que a partir do vindeiro luns comezará coa entrega dos vales destinados á adquisición de libros de texto e material escolar, nas as oficinas da Concellería de Educación, ubicadas no 3º andar do Centro Uxío Novoneyra.

A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 711 solicitudes para estas axudas.
As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal. Os vales poderán recollerse entre o luns 15 e o venres 26, e poderán utilizarse nas librarías de Lugo ata o vindeiro 10 de outubro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com