" />

Abre o prazo de inscrición para asistir ás dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural

Hoxe abre o prazo de inscrición para veciñanza maior que queira asistir as dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural.

A primeira das excursións, fixada para o día 28 deste mes, está pensada para as persoas maiores residentes na zona urbana, e o destino será Noia, aproveitando que o municipio celebra nesa data celebra a súa tradicional Festa da Empanada, unha das estrelas gastronómicas da vila e de toda a comarca.

Para inscribirse, deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 ( http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603). A comida correrá a cargo das persoas participantes.

A segunda viaxe será previsiblemente o día 3 de setembro, a Illa de Arousa, e está dirixida ás persoas maiores do rural. Nesa data, a vila celebrará a Festa do Polbo. O prazo de inscrición e horario se dará a coñecer nos vindeiros días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo