A XXVIII Mostra de Música Tradicional reunirá dez formacións en Lugo

A programación desenvolverase o 11 de outubro con pasarrúas polo casco histórico e dous concertos na praza de Santa María

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) organizará o vindeiro domingo, 11 de outubro, Domingo das Mozasa, a XXVIII Mostra de Música Tradicional , unha cita incluída na programación das festas do San Froilán de Lugo. A actividade, patrocinada pola Área de Cultura do Concello, contará coa participación de dez formacións de música tradicional galega e combinará actuacións itinerantes polas rúas do centro histórico con dous concertos na praza de Santa María.

As actuacións desenvolveranse en dúas quendas. Pola mañá, os grupos sairán da Mosqueira ás 11.30 horas e percorrerán distintas rúas e prazas do recinto amurallado ata rematar, ás 14.00 horas, na praza Maior, diante da Casa do Concello. Pola tarde, os pasarrúas retomaranse ás 17.00 horas e concluirán arredor das 18.00 horas.

Nesta edición participarán Arume de Boiro, Axeigo, Lembranzas do Tambre, Lubicáns, Os Mersenarios, Os Mecos de Ogrobe, Pandereteiros de Cántigas e Frores, Turoqva, Xente Nova de Ferrol e Zanfoneiros da Tradescola. O programa reúne diferentes formacións e expresións da música tradicional, entre elas grupos de gaitas, pandeireteiros e outras agrupacións vinculadas á tradición musical galega.

A programación continuará na praza de Santa María con dous concertos. Bouba Pandeireteiras actuará ás 18.30 horas e Os Carunchos farao ás 20.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com