" />

A paz chega aos máis pequenos da cidade

Que é a paz? Ausencia de guerra? Momentos de tranquilidade? Facer o ben..? Quen sabe. Nun mundo onde a paz é cada vez máis difícil de definir e de visualizar, un día como hoxe, 30 de xaneiro, Día da Paz, é moito máis que necesario.

Moitos foron os organismos públicos e privados que decidiron deixar hoxe os seus quefaceres rutinarios para adicar, aínda que fora só un momentiño, a celebrar un día que, aínda que moi corrente nos coles, moi pouco corrente na vida adulta.

Somos moitos os que anhelamos a paz e buscámola en ideas modernizadas e estranxeiras, como o xa famoso mindfulness, que non é máis que a busca da tranquilidade e a paz espiritual co fin -ou non- de seren mellores persoas. Dende logo, o que está claro é que, como toda boa faceta persoal, onde mellor se aprende é de neno. E ben o saben os usuarios da Escola Infantil Coké 2 que, hoxe celebraron este día cunha festa especial na que, como tende a ser habitual no centro, non faltaron as manualidades.

Nenos e educadores promoveron a paz aprendendo a interiorizala, como o fan sempre, xogando e gozando.


Imaxes cedidas pola Escola Infantil Coké  2 (avda Magoi 118)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo