" />

A piscina exterior de Frigsa abre este mércores 1 de xullo

A piscina exterior de Frigsa abrirá ao público este próximo mércores, 1 de xullo e até o 31 de agosto. Unha tempada estival que, este ano, segundo anunciou o edil de Deportes, “vén marcada pola imposición de fortes medidas de seguridade para previr o contaxio do coronavirus”.

Miguel Fernández, comunicou hoxe que “á vista da situación extraordinaria na que nos atopamos e co fin de garantir a seguridade de todas e todos e dar cumprimento as medidas de protección establecidas ao respecto da pandemia, as persoas que empreguen estas instalacións deberán respectar unha serie de normas”.

Entre elas destacou a limitación do aforo máximo permitido a 300 usuarias e usuarios que poderán acceder de forma simultánea ao recinto, así como a imposibilidade de utilizar tanto os vestiarios como as duchas interiores. “Ademais, velarase, en todo momento polo cumprimento da distancia de seguridade”, un aspecto polo que apelou á reponsabilidade da cidadanía.

O concelleiro indicou, así mesmo, que se manteñen tanto os horarios como os prezos de tempadas anteriores coa salvedade de que este verán o pagamento deberá efectuarse mediante tarxeta bancaria na tpv a disposición na entrada do recinto ou, como alternativa, a través de entidade bancaria.

Así lembrou que as piscinas estarán abertas ao baño de luns a venres, de 12:00 a 21:00 horas e, de 12:00 a 20:30 horas, os sábados e os domingos.

Igualmente as tarifas desta campaña, serán de 1 euro para a mocidade até os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 € para adultos, maiores de 16 anos, (22’30€ o custo do abono) e 11’10 € e 29’90 € o abono para pensionistas e familias, respectivamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo