" />

A Plataforma Sanitaria da Mariña recupera a UMAR trala parada forzosa pola pandemia

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que retoma a actividade da Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) suspendida por mor da pandemia. Este dispositivo móbil consiste nunha mesa que se coloca na entrada principal do hospital, por regra xeral, o primeiro martes de cada mes e nun centro de saúde rotatorio o terceiro martes de mes.

As actividades que desenvolven nas mesas son diversas , máis fundamentalmente dan información á veciñanza sobre os tempos excesivos de agarda ou sobre derivacións cara á capital para procedementos que ben poderían terse feito no noso hospital , e que moitas veces envíanse a centros privados. Outra das actividades que desenvolven é a redacción e rexistro de reclamacións individuais ou colectivas, referentes a tempos de espera e tamén pola falta de cobertura de profesionais , merma dos servizos que se dan á poboación ou supresión dos mesmos, tanto en primaria como no hospital.

O dispositivo móbil reiniciará a súa actividade no Centro de Saúde de Viveiro o martes 15 de febreiro de 11 a 13 horas.

A data para comezar con esta actividade será o martes 15 de febreiro no Centro de Saúde de Viveiro en horario de 11 a 13 horas. Elexiron esta localidade para retomar a actividade dado que existe un problema de falta de cobertura de facultativxs tanto en quenda de mañá coma de tarde de xeito crónico e continuado, orixinándose numerosos problemas para a atención, tanto polo número de persoas que teñen que ver por quenda e profesional , coma polos inasumibles tempos de agarda para unha consulta, chegándose nalgúns casos aos dezaseis días de espera.

Desde este colectivo animamos ás veciñas e veciños de Viveiro a que se acheguen ata o centro de saúde o próximo martes, para facer efectiva a súa reclamción e lembramos tamén que as persoas que teñan algunha reclamación individual “poden igualmente achegarse e redactarémoslla” – conclúe Montse Porteiro, coordinadora dos activistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo