Policía Autonómica

A Policía Autonómica esclarece un incendio nas Nogais

Axentes da Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais veñen de esclarecer un incendio que tivo lugar no concello lucense das Nogais.

Axentes da sede da Policía Autonómica de Lugo, en colaboración co persoal do Distrito Forestal VII da Fonsagrada – Os Ancares, esclareceron un incendio ocorrido o pasado 28 de marzo, na parroquia de Doncos, no concello das Nogais, e que afectou a 2,3 hectáreas de monte raso.

O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de restos agrícolas. Na extinción do incendio actuaron 1 axente, 2 motobombas, 3 brigadas e 1 helicóptero.

Do actuado, remitíronse dilixencias ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Becerreá (Lugo). No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 19 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com