A policía inmoviliza catro coches de alta gama que carecen de permiso de circulación e seguro obligatorio

Durante a fin de semana establecéronse varios  filtros de seguridade viaria, detectando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, na tarde do venres día 11, catro vehículos de alta gama con matrícula temporal holandesa na  rúa Outono, traídos a España desde Bélxica.

O que chamou a atención aos axentes foi que ditas placas solicítanse para realizar calquera xestión administrativa co vehículo, por exemplo para pasar a ITV cando está dado de baixa temporal, sendo válidas durante un só día e a súa utilización circunscríbese exclusivamente ao territorio holandés, non podendo en ningún caso, o vehículo que as porte, circular por ningún outro país.

 A combinación alfanumérica da matrícula obtense gratuitamente a través de Internet e mesmo se pode imprimir un permiso de circulación temporal desde calquera impresora, carecendo de calquera medida de seguridade, podendo ser acuñadas en calquera taller sen ningún tipo de autorización especial, sen que presenten ademais código de homologación, sendo utilizadas nalgúns casos para, a través de Holanda, trasladar a outros países vehículos roubados e, posteriormente matriculalos nos países de destino.

Os titulares non presentan documentación algunha correspondente ás placas que portan os vehículos, carecendo ademais de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA), motivo polo cal foron denunciados pola carencia de permiso de circulación e  SOA e retirados polo guindastre municipal ao depósito onde quedan inmobilizados ata que se regularice a súa situación en España.

Estes vehículos só poderán ser retirados por aqueles que acrediten ser os seus propietarios e previa matriculación en España, sen prexuízo das investigacións que levarán a cabo para confirmar que a procedencia destes vehículos sexa lícita, a través mesmo, se fose necesario, de INTERPOL.

Así mesmo ás 0,15 horas do día 12 de setembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprende a un condutor na rúa  Montirón, que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxou un resultado POSITIVO de 0,63 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ás 2,40 horas do mesmo día prodúcese un accidente na rúa Tui, comprobando que se trata dun choque dun turismo contra dous estacionados, presentando os condutor signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que é sometido ás probas regulamentarias, arroxando un resultado POSITIVO de 0,93 mg/ l (case catro veces máis do permitido), instruíndose dilixencias pola Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo por delito contra a seguridade viaria.

Ás 1,45 horas do día 13 de setembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un condutor na Avenida da Coruña que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/ l, comprobando ademais que presenta unha perda de vixencia do permiso de condución por perda total dos puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por ambos os delitos contra a seguridade viaria.

No transcurso do rexistro ao que foi sometido o condutor achouse no seu poder un anaco de hachis de 0,5 gramos, sendo intervido e levantando acta por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com