A Policía Local de Lugo denuncia a catro persoas por non levar máscara

Nos  filtros levados a cabo para comprobar o cumprimento das medidas impostas para a prevención do Covid-19 detectáronse varios incumprimentos que motivaron as seguintes denuncias: as 10’37 horas do día 4, na rúa Conde Pallares, foi denunciada unha viandante, de 23 anos de idade, por non facer uso da máscara. Ás 12’01 horas do mesmo día, na  Avenida. das Américas, foi denunciado un peón, de 25 anos de idade, que non facía uso nin portaba consigo a máscara.

Esta madrugada, concretamente ás 00’37 horas, na  Avenida de Madrid, foron denunciados o condutor dun vehículo e os seu acompañante, dous homes de 44 e 42 anos de idade por que o acompañante non facía uso da máscara non convivindo xuntos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com