Onte, sábado, 21 de marzo, volvéronse realizar, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio do Concello de Lugo diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e, no seu caso, impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. No transcurso destes dispositivos levantáronse DEZASETE actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que poden levar aparellada unha sanción.
![](https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2020/03/220320-Foto-cedida-pola-Policía-Local-de-Lugo-938x535.jpg)