A Policía Local denuncia unha falsa alarma de incendio na cidade de Lugo

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon sobre as 22.20 horas do día 25 de febreiro a despregar un dispositivo de axuda na rúa Outono, onde segundo unha chamada do servizo de emerxencias 112, produciuse un incendio, indicando que no interior do edificio había persoas que necesitaban axuda médica.

Dous indicativos policiais desprazáronse á zona de maneira inmediata, acompañados de de dúas unidades de bombeiros e tamén dunha ambulancia medicalizada, logrando acceder ao interior do edificio e poñerse en contacto cos moradores do piso onde supostamente se producira o incendio, sendo informados polos mesmos que no seu piso non sucedía nada e que todo se achaba correctamente, procedendo a contactar co resto de veciños con igual resultado. Posteriormente realizaron un percorrido por todo o edificio pero non observaron restos de fume ou outros indicios que puidesen facer pensar nun incendio.

Como consecuencia de tal despregamento xerouse un gran estado de nerviosismo por parte doutros veciños da zona, sendo advertidos do que sucedera para poder acougar a situación.

A Policía Local dispuxo do teléfono que realizou a chamada ao servizo de emerxencias 112, para poñerse en contacto co titular, que despois de contestar ao ser indicado de que a policía quería falar con él, cortou a chamada e non volveu contestar ao mesmo. Os axentes cursaron a correspondente denuncia coa intención de dar co autor da chamada.

Noutro senso, sobre ás 20.20 horas do mesmo día, axentes da policía de Barrio procederon á detención de catro indiciduos como presuntos autores dun delito de roubo na depuradora vella, sita en Albares.

Segundo a información dada á sala do 092, un viandante observou a varios mozos nos terreos de dita depuradora, desprazando ao lugar de maneira inmediata unha dotación policial, a cal observa á súa chegada, que a cancilla de entrada atópase forzada pola zona das bisagras, cancilla que estaba pechada cunha cadea e un cadeado, e que no interior un vehículo, tiña o motor aceso e achábase arrastrando un cable un motor de grandes dimensións da depuradora, sendo conducido devandito vehículo neses momentos por A. M. J.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com