" />

A Policía Local detecta varias infraccións nun establecemento de Salvador de Madariaga

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron na madrugada do día 4 ao 5 de decembro unha inspección nun local nocturno da rúa Salvador de Madariaga, trala cal levantaron acta-denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas ao comprobar que o establecemento, con categoría de cafetería, desenvolvía a actividade cun reprodutor de música, non estando autorizado a iso.

A reprodución da música realizábase mediante unha tablet conectada a dous altofalantes. Ademais levantouse acta-denuncia por infracción na orde Social, ao detectar como unha muller estaba a realizar traballo de camareira, detrás da barra da cafetería, carecendo de contrato.

Así mesmo, unha patrulla da devandita Unidade, nas inmediacións do Parque da Milagrosa, levantou acta-denuncia ao propietario dun can, dos cualificados como potencialmente perigosos, por ou non portar a licenza municipal para a súa tenencia, ou non estar rexistrado ademais de carecer de Seguro de Responsabilidade Civil.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Dec 05, 2019 - 02:15 PM

    Reproducir música a un volumen aceptable , no debería ser constitutivo de delito . Tener a una persona trabajando sin contrato debería penarse a su explotador con la sentencia de por vida de escuchar la música de rancheras de Bertín Osborne .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo