A Policía Local detén a un home por ameazar á súa exparella

Efectivos pertencentes á Unidade Territorial da Policía de Barrio procederon, sobre as 14 horas de onte á detención dun varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os feitos ocorreron cando os axentes foron chamados pola Central de Comunicacións do Corpo para que acudiran a un domicilio da cidade xa que ao parecer había unha forte discusión entre unha parella.

Ao chegar á vivenda, foron recibidos por unha muller moi nerviosa e alterada que manifestou que o que fora a súa parella ameazábaa con botala da vivenda e que lle ía cortar a luz e a auga. Así mesmo, a presunta vítima, referiu que o home ameazáraa de morte. Ambos foron trasladados a dependencias policiais onde se instruíron dilixencias para o Xulgado de Garda.

Doutra banda, o corpo municipal de Policía, continuou o pasado mes de outubro co operativo de denuncia de vehículos abandonados na rúa. Así, neste último mes tramitaron 28 actas de vehículos desleixados na vía pública do centro urbano por infracción grace á Lei de Residuos de Galicia, detectando que algúns presentaban danos que imposibilitaban o seu desprazamento e, a maioría deles, carecía do Seguro Obrigatorio e a Inspección Técnica correspondente. En total, os vehículos con signos de abandono polos que se tramitaron actas foron 25 turismos e 3 furgonetas polos que se instruirán os respectivos expedientes e se ordenará a retirada do vehículo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com