A policía Local formula 46 denuncian na campaña sobre o uso do cinto e os SRI

Logo de participar na Campaña Especial, activada pola Dirección Xeral de Tráfico da Garda Civil, sobre o uso do Cinto de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil (SRI), a Policía Local informou hoxe de que, entre o 30 de setembro e o 6 de outubro, establecéronse na cidade diversos filtros de seguridade viaria nos que participaron efectivos das Unidades de Policía de Barrio, Atestados e Axentes de Movilidade, utilizando vehículos rotulados e camuflados.

En total, controlouse a 853 turismos, 16 taxis, 53 vehículos de transporte de mercadorías e 5 autobuses, co resultado de 46 denuncias formuladas, que levan aparelladas multas de 200 euros cada unha e, no caso de condutores, a retirada de 3 puntos do seu permiso de condutor.

A Policía Local de Lugo lembra que en vía urbana é obrigatorio utilizar o cinto de seguridade, debidamente abrochado, tanto para condutores como para ocupantes.

En canto aos menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 cm deberán utilizar sistemas de retención infantil, debendo situarse nos asentos traseiros e excepcionalmente poderán ocupar o asento dianteiro, sempre que empreguen sistemas de retención infantil homologados, nos casos en que o vehículo non dispoña de asentos traseiros, cando estes estean xa ocupados por menores ou cando non sexa posible instalar nos devanditos asentos todos os sistemas de retención infantil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo