A Policía Nacional detén en Lugo a un home tras intervirlle 50 dosis de heroína

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo a un home de 42 anos de idade por un presunto delito contra a saúde pública tras intervirlle cincuenta dosis de heroína preparadas para a súa venda. Varios residentes dun céntrico barrio da cidade foron quen avisaron á Policía ante as sospeitas de que nunha casa se vendía droga ao ter afluencia masiva de descoñecidos no inmoble.

Cando os axentes localizaron ao detido, arrestárono e cacheárono atopando vaias dosis de heroína no seu cinto. Ao non ter antecedentes penais, o home foi posto en liberdade tras prestar declaración coa obriga de presentarse ante a Autoridade Xudicial cando sexa reclamado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com