A praga do xabarín continúa sen control

Segundo a organización sindical labregas Unións Agrarias “a Consellería de Medio Ambiente sigue sen poñer sobre a mesa un plan eficaz contra os danos e problemas que ven provocando o xabaril no medio rural de xeito continuado. Polos datos dados a coñecer hoxe en Lugo pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, elimináronse 11 animais, de 79 previstos, no entorno da cidade de Lugo, grazas ao dispositivo posto en marcha”.

Para UUAA “os resultados desta iniciativa non superan a categoría de anécdota mediática tendo en conta que verdadeira a magnitude do problema que está no rural onde se está a ameazar seriamente a viabilidade de moitas explotacións agrogandeiras e apoñer un grave risco a sanidade animal de moitas granxas”.

Desde a organización agraria lémbrase que a día de hoxe hai plantadas unhas 65.000 ha de millo en Galicia. Tendo en conta que o custe de alimentación representa máis da metade dos gastos dunha explotación tipo de leite ou carne, é fundamental a colleita de millo forraxeiro para garantir a viabilidade económica das explotacións galegas, nas que os danos do xabaril moitas veces supón sobrecustos inadmisibles de ata o 20% para as explotacións, as que se aboca ao peche.

Unións Agrarias bota en falta “a posta en marcha dunha política responsable e coherente desde o departamento de Ánxeles Vázquez, xa que ademais de non pagar as axudas por danos que levan tramitándose desde o mes de novembro, todo o que teñen aportado ata o de agora é descargar noutros a su responsabilidade, xa sexan os concellos por rozar as zonas de mato, os Tecores por non convocar batidas suficientes ou mesmo os produtores por non cazar con gaiolas aos xabarís”.

UUAA vai a desenvolver a partir da semana que vén un calendario de reunións cos distintos colectivos e asociacións para tratar de perfilar unha resposta contundente a un problema que nestes momentos está completamente “fora de control, -hai estudos que xa falan de un millón de xabarís a nivel de todo o país- e ao que non se lle pon coto desde a Consellería do Medio Ambiente pola falta de previsión e as presións de grupos que aínda que reclaman amigos da natureza, nin entenden nin valoran o medio rural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com