A Praza de Abastos acende este venres a súa iluminación de Nadal

O Tenente de Alcalde e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza acudiron hoxe á Praza de Abastos onde convidaron a ás praceiras e praceiros ao acto de acendido da iluminación de Nadal. A edil indicou que “a novidade deste ano é que contaremos coa actuación do Coro Infantil da Asociación da Banda Filharmónica de Lugo, que representará o inicio do Nadal”.

“Dende a área de participación queremos animar a toda a veciñanza de Lugo a que realice as súas compras nos comercios locais e de proximidade, para facelos dinamizadores do centro da nosa cidade”, indicou a concelleira, que convidou tamén “a todas as veciñas e veciños de Lugo a asistir a este acto de acendido de luces, que da comezo á campaña de Nadal no Concello”.

Segundo declararon dende o goberno, a iluminación da praza entra, xunto co resto da iluminación da cidade e as actividades de Nadal que se anunciarán proximamente, dentro da programación de Nadal do Concello, que ten como un dos seus obxectivos “dinamizar o centro da cidade e aumentar as visitas ao Mercado Municipal e á Praza de Abastos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo