" />

A primeira filmersión do mundo terá lugar en setembro en Galicia

As Filmersións son unha nova proposta de lecer, adaptada a contorna post- covid, que permiten aos participantes converterse en protagonistas da historia, compartindo espazo con personaxes interpretados por actores profesionais. A experiencia é filmada, dando como resultado unha peza audiovisual inmersiva.

Tras recadar os apoios necesarios a través da campaña de crowdfunding “Construír unha máquina do tempo”, o próximo 26 de setembro de 2020 terá lugar en Lugo a primeira filmersión do mundo, ou Camiño Inmersivo, organizada pola produtora galega de experiencias Microsoños.

Conseguimos superar o aforo de viaxeiros e viaxeiras no tempo. Pero aínda as persoas interesadas están a tempo de acceder á experiencia online, mediante a seguinte ligazón: Construír unha máquina do tempo”. Informan dende Microsoños.

Ademais, os participantes tamén poden gozar dun concurso no que, se gañan, conseguirán unha viaxe no tempo.

As filmersións son un novo concepto de lecer no que o espectador tradicional dun filme convértese nun participante da historia, que interactúa cos personaxes. Contan cunha coidada ambientación, que mergulla aos participantes na época e no lugar retratados. A experiencia é filmada, dando lugar a unha peza audiovisual filmersiva.

O camiño inmersivo, unha nova maneira de vivir o cinema

Esta nova experiencia de vivir o cinema, concretamente, as misións do Camiño Inmersivo, adaptadas ás necesidades da contorna post- covid, realizaranse en diversos puntos da xeografía galega, alí por onde pasa o Camiño de Santiago, e a historia incorpora lendas desta icónica ruta. Non se poden desvelar os detalles, pero si que os participantes coñecerán a un científico excéntrico, a peregrinos de todas as épocas e mesmo ao mismísimo Alfonso II.

Todo está suxeito á improvisación e búscase que os participantes sexan artífices dos xiros da historia, dando lugar a unha vivencia diferente cada vez que se realiza unha filmersión. O Camiño Inmersivo ofrece a posibilidade de formar parte do primeiro equipo de científicos que viaxan no tempo e de resolver no pasado un problema que ameaza o noso presente. Unha maneira nova de vivir o cinema, no que se deixan de lado os convencionalismos do formato para mesturalo coa representación histórica e a adrenalina das experiencias de aventura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo