A Protección de Datos na Administración Local centra unha xornada formativa na Deputación

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, presentou hoxe as Xornadas sobre Protección de Datos, que organiza a Deputación de Lugo e a Fundación Democracia y Gobierno Local. Terá lugar o vindeiro xoves 11 de abril, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, de 9:00 a 14:30 horas. O prazo de inscrición está aberto en www.deputacionlugo.gal.

Santos Ramos informou que a xornada ten como misión ofrecer ao público asistente unha visión sobre as obrigas no cumprimento da normativa de Protección de Datos persoais na Administración Local, afondando en aspectos como os conceptos xerais da mesma, as obrigas das entidades locais como responsables do tratamento, designación do Delegado de Protección de Datos e papel deste, rexistro de actividades do tratamento, dereito de información, adaptación de contratos, adaptación de políticas; atención aos dereitos dos interesados e especial referencia aos tratamentos que se realizan nos Concellos: datos do padrón, dos Plenos municipais, etc…

Tamén se estudarán as medidas de seguridade na Administración Local en relación coa protección de datos persoais, e poranse en valor por último as experiencias levadas a cabo na aplicación da normativa de referencia na Deputación de Pontevedra e os novos retos futuros en materia de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos na Deputación de Sevilla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com