" />

A provincia de Lugo Baixa dos 40 casos activos por Covid-19

Un día máis continúa a baixar o número de infectados por Coronavirus. Nas últimas 24 horas e segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 39, 1 menos ca onte.

En Galicia o número de infectados é de 707, 15 menos ca onte, deles 158 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 68 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 259 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 27 están en unidades de hospitalización e 677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.991 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 144.226.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo