Ribeira Sacra Viñedos

A Ribeira Sacra será finalista a Patrimonio da Humanidade

Este venres deuse a coñecer que a Ribeira Sacra é finalista na 45 sesión do comité do Patrimonio Mundial da
Unesco en 2021.

A candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade foi presentada ante a Unesco o pasado mes de febreiro e a súa aprobación avaliarase o vindeiro ano, na asemblea do mes de xuño de 2021 xunto a outras 22 candidaturas do resto do mundo.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé lembrou que a Deputación foi a impulsora do movemento social e institucional en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Ben Mundial organizando o percorrido
dun autobús por todo o territorio para a recollida de sinaturas. Logo, lembrou, fóronse sumando outras institucións, como a Deputación de Ourense ou a Xunta de Galicia. “Continuaremos traballando coas mesmas forzas que ata o de agora para culminar esta aspiración e que este paraíso no interior de Galicia, que é a Ribeira Sacra, sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

O Presidente subliñou neste sentido que a Ribeira Sacra é unha das zonas más importantes de Galicia e que destaca como marco xeográfico polo seu medio ambiente e as súas paisaxes; como escenario da historia, por ela pasan o Camiño Francés e o Camiño de Inverno, dous dos traxectos da ruta Xacobea, e atesoura un rico patrimonio arquitectónico sobre todo de estilo románico. Dende o punto de vista etnográfico, o seu xeito de traballar a terra, especialmente coa viticultura heroica, danlle unha personalidade única.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com