A rúa Xoán Rico Pérez permanecerá pechada ao tráfico ata o martes

O Concello de Lugo informa de que a fuga de auga rexistrada na rúa Juan Rico Pérez xa quedou reparada durante a xornada de hoxe.
Debido á profundidade da actuación, que obrigou a traballar a preto de dous metros baixo a rasante da vía, foi necesario cubrir provisionalmente a escavación con xabre para protexer a canalización reparada.
Aínda que a incidencia está solucionada, este firme provisional non reúne as condicións necesarias para permitir a circulación de vehículos con plenas garantías de seguridade.
Por este motivo, e á espera de poder completar os traballos de reposición definitiva do pavimento, a rúa permanecerá pechada ao tráfico ata o vindeiro martes, data na que está prevista a intervención da maquinaria necesaria para rematar a actuación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com