A sede do PP aparece empapelada con carteis que ninguén reivindica

A sede provincial do Partido Popular en Lugo apareceu este martes vandalizada, nunha acción similar á rexistrada noutras dependencias da formación en distintos puntos de Galicia. Nalgúns casos, segundo informou o propio partido, os feitos xa foron postos en coñecemento das forzas de seguridade.

Nun comunicado, o PP condenou estes actos e desvinculounos de calquera forma de activismo lexítimo. A formación considera que este tipo de accións “non representan a Galicia” e apelou ao respecto e á convivencia democrática.

“Isto é romper co respecto, a dignidade e a educación”, sinalan os populares, que consideran que “o vandalismo non pode disfrazarse de activismo”.

A sede lucense, foi unha das que apareceu empapelada con carteis que non están asinados nin reivindicados por ningunha organización; neles pode lerse entre outras lemas “17 anos queimando Galiza”, sobre un fondo negro e motivos de lapas

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com