" />
Cementos Cosmos. Na sala de xuntas da Consellería, 4º andar foto xoán crespo 28/02/17

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar axudas a autónomos que volvan emprender

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases do Bono Nova Oportunidade, o programa da Xunta con axudas de ata 10.600 euros para apoiar ás persoas autónomas que desexen volver emprender tras ocese de actividade ou cambiar de sector o seu negocio. Estes apoios poden pedirse desde mañá e ata o próximo 31 de outubro.
Trátanse de axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver emprender tras ter que cesar a súa antiga actividade por causas económicas e a aquelas que teñan en mente cambiar de actividade económica para volver emprender nun sector emerxente. O Bono Nova Oportunidade está dotado de cinco millóns de euros, un crédito co que o Goberno galego prevé poder beneficiar a 470 persoas traballadoras por conta propia.
O programa inclúe dous tipos de financiamento: o Bono Alta Nova Oportunidade para apoiar a posta en marcha do novo negocio cunha axuda de 9.000 euros; e o Bono Formación e/ou Mentoring, dotado de 1.600 euros, para financiar accións de formación de 40 horas como mínimo en xestión xerencial, comercial ou financeira, marketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio a emprender; e/ou para acompañar aos emprendedoras cunha persoa mentoria. Os dous bonos son compatibles entre si, polo que a axuda pode chegar aos 10.600 euros por persoa.

Volver emprender
Para os autónomos que volven a emprender tras o peche da súa actividade esíxese, entre outros, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022; ter cotizado anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante 3 meses durante a súa vida laboral no RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia; estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia; ou ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia. Tamén se solicita que trasncorrera un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

Cambio de sector
Para as persoas que desexan cambiar a súa actividade para outro sector emerxente, os principais requisitos son estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional; ter cesada na súa actividade e iniciaran unha nova noutro sector distinto, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022; ter cotizado, anteriormente a esta nova alta, de maneira ininterrompida polo menos durante 6 meses durante a súa vida laboral no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia; e ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo