A SICA regalará hoxe aos espectadores da sección oficial ’41 semanas, 41 carteis’

A Semana Internacional de Cine de Lugo, continúa a súa andadura ao longo desta semana presentando novos filmes e agasallando aos asistentes con diferentes libros editados polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. Así, hoxe, xoves, no Auditorio Gustavo Freire, entregarán gratuitamente aos espectadores o libro 41 semanas, 41 carteis, unha publicación que recolle todos os cartaces anunciadores das semanas de cine dende o seu comezo. O libro entregaráselle a quen acuda ás sesións de ‘Xoias do Cine’, e a ‘Sección oficial’

A publicación é unha homenaxe que o grupo Fonmiñá efectúa a todos os cinéfilos lucenses que ano tras ano expresan a súa devoción pola Semana de Cine.

As imaxes proceden, na súa maior parte, de cadanseu concurso anual entre deseñadores, dotado económicamente con 1.000€ nas convocatorias máis recentes, xunto cun trofeo, pero tamén hai encargos efectuados directamente a pintores lucenses, e mesmo –no caso das dúas últimas Semanas- son obra de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Fonmiñá, sendo o do presente ano o que figura na portada da publicación que estivo, asimesmo, baixo a responsabilidade deste directivo do Grupo.

Deste libro fíxose unha tirada de dous mil exemplares, que –ademais destas sesións no Auditorio Gustavo Freire- serán distribuidos a través das entidades patrocinadoras: Concello de Lugo, Deputacion Provincial, Xunta de Galicia e Universidade/Campus de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com