" />

A UNED presenta en Lugo unha mostra sobre o cambio climático

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou esta tarde na inauguración da exposición Nuestro Mundo, Nuestro Futuro, Nuestra Opción na sede da UNED de Lugo, xunto á directora deste Centro Asociado, Ana Belén Traseira Pena, e o director do Centro Asociado da UNED de Ávila, Ignacio Zúñiga López. Unha mostra que se enmarca dentro do programa de actividades do proxecto Lugo NaturalMente organizado pola Universidade Nacional  de Educación a Distancia para este 2020.

Con respecto á mostra, o Presidente do executivo provincial loou o traballo desenvolvido polo Centro Asociado da UNED de Lugo para conseguila, no marco do proxecto Lugo NaturalMente. “Este é un exemplo de como podemos actuar dunha maneira eficaz para acadar ese desenvolvemento sostible que todos buscamos, porque aborda o tema dende unha óptica optimista, un aspecto fundamental para conseguir a mobilización da sociedade para un ben común”.“O pesimismo, predicar sempre cousas negativas, pode acadar grandes titulares, pero difunde no tecido social un desánimo que desmobiliza e dificulta a adopción de medidas concretas”, remarcou Tomé Roca.

Lugo NaturalMente é un programa completo, que recolle as grandes liñas da axenda 2030 e que as traslada á súa contorna máis próxima. “É unha iniciativa que conxuga a formación con propostas de cambio do centro e que entende moi ben a nosa realidade porque inclúe accións na cidade de Lugo, pero tamén en concellos coma Foz ou Viveiro, un feito que dá mostra de que é consciente da biodiversidade que atesoura a nosa provincia”.

A exposición, que estará aberta ao público ata o 20 de xaneiro, baséase no proxecto CLARITY, Acción Educativa polo Clima. Componse de 19 paneis nos que se retrata o fenómeno do cambio climático, as súas causas e respostas que se están propoñendo para poder facerlle fronte. O obxectivo principal é achegarlle á cidadanía o problema medioambiental do cambio climático, tanto a nivel global como a nivel local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo